Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre a actriz francesa Anouk Aimé, coñecida por 'La Dolce vita'

Morre a actriz francesa Anouk Aimé, coñecida por 'La Dolce vita'

A súa filla Manuela Papatakis anunciou na súa conta de Instagram que estaba xunto a ela "cando faleceu esta mañá, na súa casa en París"

A súa consagración chegou con Un homme et une femme, que lle valeu un Golden Globe e un nomeamento aos Óscar

G24.gal 18/06/2024 12:17 Última actualización 18/06/2024 13:15

A actriz francesa Anouk Aimé, coñecida entre outras cousas polos seus papeis en La Dolce vita, de Federico Fellini, e Un homme et une femme, de Claude Lelouch, morreu este martes aos 92 anos.

A súa filla Manuela Papatakis anunciou na súa conta de Instagram que estaba xunto a ela "cando faleceu esta mañá, na súa casa en París".

Nada na capital francesa en 1932 e filla de actores, empezou moi novo unha carreira cinematográfica que se viu propulsada polo seu papel de Maddalena en La Dolce Vita en 1960, aínda que a súa consagración chegou seis anos máis tarde con Un homme et une femme que lle valeu un Golden Globe e un nomeamento aos Óscar.

Moi pronto coñeceu á parella Marcel Carné e Jacques Prévert, director e guionista respectivamente dalgunhas das películas máis importantes do cinema francés de antes e despois da Segunda Guerra Mundial. Adoptou como nome artístico Anouk, o do seu primeiro personaxe, e como apelido adoptou o de Aimée, que lle suxería o respectado Prévert, tamén un artista e escritor surrealista amigo de figuras como Picasso ou Miró.

Traballou nun total de 92 películas e títulos de televisión, entre os que tamén destacan 8½ (Ocho y medio, 1963), de Federico Fellini, ou Salto nel volto (Salto en el vacío,1980), de Marco Bellocchio. A súa última aparición no cinema data de 2019, con Lles plus belles années d'une vie (Los años más bellos de una vida), de Calude Lelouch, que se proxectou fóra de competición no Festival de Cannes. Estivo casada catro veces, a primeira co cineasta Nikos Papatakis, pai da súa única filla, e a última co actor británico Albert Finney.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar