Publicador de contidos
Publicador de contidos

A RFEF asegura que haberá renovación e pídelle ás xogadoras que non persistan na renuncia

A RFEF asegura que haberá renovación e pídelle ás xogadoras que non persistan na renuncia

As 39 xogadoras que están en desacordo coa Federación sacaron un comunicado en que rexeitaban participar coa selección española mentres non se produciran trocos no ente

G24.gal 18/09/2023 12:13 Última actualización 18/09/2023 15:40

O venres estalou a bomba. Era o día elixido para que Montse Tomé, a nova seleccionadora feminina, dese a lista das convocadas para os partidos da Liga das Nacións diante de Suecia e Suiza. Un torneo moi importante, clasificatorio para os Xogos de París. 

Vinte minutos antes da hora prevista, 39 xogadoras (21 delas campioas do mundo) mandaron un comunicado pedindo trocos na estrutura da Federación pedindo os cambios no organigrama do fútbol feminino, do gabinete de presidencia, secretaría xeral e dirección de integridade e a dimisión do presidente da RFEF. 

Sen tempo para dixerilo, Tomé decidiu adiar a lista. Tentou negociar a fin de semana pero diante da negativa rotunda será este luns cando comunique a nova lista de convocadas. Só a xogadora do Real Madrid Athenea del Castillo se declarou seleccionable entre as campioas. 

O último movemento da RFEF foi sacar un compromiso público e por escrito para comprometerse a realizar a transformación e ao mesmo tempo pídenlle ás xogadores que participen nese obxectivo común. 

"No inicio de esta nova etapa garantimos un entorno seguro e a aposta por un clima de confianza mutua", asegura a RFEF que agarda que as xogadoras acepten e non persistan na súa renuncia no caso dunha chamada da seleccionadora. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos