Montse Tomé chama a quince campioas do mundo e deixa fóra a Jenny Hermoso
Montse Tomé chama a quince campioas do mundo e deixa fóra a Jenny Hermoso
A pontevedresa Tere Abelleira atópase entre as citadas
Mapi León e Patri Guijarro, ausentes no Mundial, volven á lista
Quince campioas do mundo foron chamadas pola nova seleccionadora Montse Tomé para os partidos da Liga das Nacións diante de Suecia e Suiza.
As campioas do mundo presentes son: Misa Rodríguez, Cata Coll, Enith Salón (porteiras); Irene Paredes, Oihane Hernández, Olga Carmona, Ona Battle (defensas), Aitana Bonmatí, Alexia Putellas, María Pérez, Tere Abelleira (centrocampistas), Athenea del Castillo, Esther González, Eva Navarro e Mariona Caldentey (dianteiras).
Ademáis, citou a Mapi León e Patri Guijarro, que non estiveron no mundial. Tamén chamou a outras xogadoras como Laia Aleixandri, María Méndez, Rosa Márquez, Inma Gabarro, Amaiur Sarriegi e Lucía García.