Publicador de contidos

Publicador de contidos

Montero apela á responsabilidade dos partidos para aprobar uns presupostos "extraordinarios"

Montero apela á responsabilidade dos partidos para aprobar uns presupostos "extraordinarios"

PP, Vox e Cs ven os Presupostos unha "chantaxe" aos españois

A ministra de Facenda durante a súa intervención no Congreso
G24.gal 03/11/2021 16:23

A ministra de Facenda defendeu o proxecto das contas públicas, que se enfrontan a sete emendas á totalidade, entre elas as de PP, Vox e Ciudadanos. O Executivo confía en superar este trámite na votación de mañá, tras pechar acordos con ERC e PNV, que se suman aos apoios de EH-Bildu e PDeCAT.

María Jesús Montero asegurou que estes orzamentos son indispensables para consolidar a recuperación económica e social. Montero deixou claro que o Goberno negocia con todos os grupos para tratar de lograr o seu apoio ás contas presentadas.

"Non se pode reprochar que un Goberno traballe ata a extenuación desde o diálogo social e o respecto ás forzas políticas", para tratar de "solicitar o maior número de apoios posible".

A ministra de Facenda apelou á "responsabilidade" de todos os grupos políticos con respecto ao futuro da cidadanía e a "gobernabilidade do país", porque os Orzamentos contribúen, na súa opinión, a "dar resposta aos grandes retos".

"Son uns orzamentos extraordinarios, polo momento e polo que representan", defendeu, xa que din "adeus a unha crise" e abren "un novo ciclo" con novas necesidades e expectativas, así como cunha oportunidade "única" para impulsar a transformación do país.

PP, Vox e Cs criticaron o discurso "triunfalista" e "arrogante" da ministra de Facenda na defensa que fixo dos Orzamentos Xerais do Estado de 2022  e falan dunha "chantaxe" aos españois.

O líder do PP, Pablo Casado, reprochou que fose a ministra de Facenda e non o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quen defendese o proxecto ante a Cámara á vez que a portavoz do PP, Cuca Gamarra, dixo que son un "espellismo" para que o Goberno gaste e se manteña na Moncloa.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade