Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mónica Martínez recorrerá a sentenza tras dimitir como edil de Deportes na Coruña

Mónica Martínez recorrerá a sentenza tras dimitir como edil de Deportes na Coruña

Renuncia ao cargo que ocupaba desde 2020, despois de que o TSXG confirmara a nulidade do seu nomeamento

G24.gal 22/12/2022 17:44

A concelleira da Coruña Mónica Martínez anunciou que recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tras dimitir como edil de Deportes do Concello da Coruña. Renuncia ao cargo que ocupaba desde finais de 2020, despois de que o TSXG confirmara a nulidade do seu nomeamento como responsable desa área dentro do Goberno municipal.

O alto tribunal galego ratificou que a edil deberá reintegrarlle á administración municipal as cantidades que percibiu como consecuencia do nomeamento anulado, é dicir, as que resultan da diferenza entre as cobradas na súa condición de responsable de Deportes e as que lle correspondían con anterioridade como concelleira.

"Presento a miña dimisión como concelleira de Deportes tras coñecer a sentenza do TSXG. Vouna recorrer porque aceptei o cargo coa seguridade de que a proposta de nomeamento era correcta e axustada á legalidade", asegurou a edil nas súas redes sociais.

Martínez deulles as grazas aos funcionarios da Coruña, aos traballadores das empresas concesionarias, aos seus compañeiros de corporación, á cidade e ao tecido deportivo coruñés.

"Foron dous anos de traballo e dedicación a un deporte coruñés que tanto nos achega día a día. Concibo o servizo público como unha entrega incondicional. Cada día nesta concellería foi un regalo", engadiu.

Martínez presentárase ás eleccións municipais de 2019 por Ciudadanos. Meses despois abandonaría ese grupo, pero sen renunciar á súa acta e posteriormente asumiu a Concellería de Deportes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade