Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moncloa considera "incomprensible" a decisión xudicial sobre as viaxes de Begoña Gómez

Moncloa considera "incomprensible" a decisión xudicial sobre as viaxes de Begoña Gómez

O ministro de Xustiza cre que as medidas cautelares ditadas polo xuíz Peinado son "innecesarias" porque hai "risco cero" de que a muller do presidente se fugue

G24.gal 07/07/2026 14:36

Moncloa critica o trato xudicial a Begoña Gómez, empezando pola retirada do seu pasaporte. Para Félix Bolaños, ministro de Xustiza, "as medidas cautelares son innecesarias porque hai risco cero de que Begoña Gómez eluda a acción da xustiza".

Tampouco entenden por que o xuíz que substitúe a Peinado lle prohibiu viaxar ao cumio da OTAN en Ankara pero si que lle permite ir a Londres á graduación da súa filla. Para o ministro da Función Pública, "é unha decisión incomprensible". Óscar López non entende que un xuíz "se poña a discernir entre Turquía e o Reino Unido, a facer literatura sobre porque si nun sitio e non noutro".

Os socios do Goberno tamén critican a última resolución do xuíz. Para Aina Vidal, de Sumar, "é ridículo, bochornoso e pon á altura do betún a xustiza deste país".

A líder de Podemos, Ione Belarra, cre que estas decisións xudiciais son "abertamente cuestionables", mentres Águeda Micó, deputada de Compromís, considera "lamentable que pase isto no estado español". 

Pola contra, a voceira de Vox no Congreso, Pepa Millán, imaxina que o xuíz "tería as súas razóns para tomar esa decisión".

O PP, pola súa parte, apela á independencia dos xuíces. O seu vicesecretario, Juan Bravo, rexeita opinar sobre "se se lle quita o pasaporte ou non" a Begoña Gómez, pero si defende que "todos somos iguais ante a lei".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade