Moncho Fernández: "Confiamos no noso bo facer e temos ilusión por xogar en Europa"
O Mornar Barsko de Montenegro será o primeiro rival
O Mornar Barsko de Montenegro será esta tarde o primeiro obstáculo que terá que superar o Obradoiro para alimentar o seu soño de disputar, por primeira vez na súa historia, a fase de grupos da Basketball Champions League (BCL).
A estrea europea do Obradoiro será no Antalya Sports Area (20:30 horas). O equipo de Moncho Fernández parte co papel de favorito ante o novo equipo montenegrino.
Moncho Fernández: "Os rivais que veñen a esta competición son de nivel pero confíamos no noso bo facer e temos ilusión".
Ambos os equipos reestruturaron os seus respectivos cadros de xogadores. O bloque que dirixe Mihailo Pavicevic ten no seu capitán, Nemanja Vranjes, e no interior francés, Alexandre Gravrilovic, as súas principais ameazas ofensivas, sen esquecerse do estadounidense Jacobi Boykins, outra das súas caras novas.
O Obradoiro nunca xogou en Europa, pero moitos dos seus xogadores si teñen experiencia en competicións continentais.