Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os carteis que prohiben a entrada sen máscara seguen aínda en moitos establecementos

Os carteis que prohiben a entrada sen máscara seguen aínda en moitos establecementos

División de opinións entre os expertos sobre se poden prohibirnos a entrada nun comercio ou nunha institución se non levamos a máscara

G24.gal 21/04/2022 15:22

División de opinións entre os expertos sobre se poden prohibirnos a entrada nun comercio ou nunha institución se non levamos a máscara. Un exemplo: para entrar á catedral de Santiago un cartel advírtenos que temos que levar máscara. Ampáranse no dereito de admisión. 

As persoas que controlan o acceso pídenlles aos visitantes que poñan a máscara. Din que o fan por motivos de seguridade e que, de ser necesario, aplicarán o dereito de admisión. Un dereito que como diciades, xera dúbidas sobre a súa aplicación. Os expertos en dereito afirman que só se pode impedir o acceso a alguén por razóns obxectivas e xustificadas, non de xeito arbitrario. Ademais para aplicalo é preciso unha autorización previa da Administración e anuncialo de xeito claro e visible.

Os carteis seguen presentes en varios negocios. Xa non é obrigatorio o uso da máscara en interiores polo que para impedirlle a entrada a alguén que non a leva debe acudirse ao dereito de admisión, aínda que non todos os xuristas están de acordo en que se poida aplicar de forma xeneralizada.

En todo caso debe estar especificado de forma clara e visible e é preciso unha autorización previa da administración. Moitos optaron en substituír a obrigatoriedade pola recomendación. É o caso por exemplo da Universidade de Santiago ou da Coruña onde recomendan o uso da máscara en espazos pechados, onde se permanece durante tempo como aulas ou laboratorios. Na catedral de Santiago esta é a situación que atopaban os visitantes.

Din que é unha recomendación por motivos de seguridade, pero non descartan ter que aplicar o dereito de admisión en momentos de aglomeracións.

O certo é que son moitos os que seguen a usar independentemente de que sexa obrigatoria ou non.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade