Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moito Barcelona para un voluntarioso Obradoiro

Moito Barcelona para un voluntarioso Obradoiro

Triunfo do equipo catalán por 65-79 cimentado nun terceiro cuarto no que Laprovittola e Mirotic desequilibraron o partido

G24.gal 07/11/2021 14:15

O Obradoiro non puido facerlle fronte ao Barcelona máis que nos primeiros vinte minutos e acabou perdendo por 65-79. No conxunto santiagués estivo extraordinario Birutis con 24 puntos e 6 rebotes. 

No primeiro cuarto o Barcelona rozou a perfección, cunha gran intensidade defensiva e ritmo en ataque (13-23). No segundo cuarto apareceu a mellor versión do Obradoiro. Birutis e Robertson estiveron acopañados por Ellenson e Scrubb para achegarse a só tres puntos ao descanso (36-39). 

Pero no terceiro cuarto o equipo de Jasikevicius marcou a diferenza. Laprovittola con 8 puntos e Mirotic con 7 estiveron imparables e conseguiron abrir unha fenda que xa sería imposible de neutralizar (49-65) no último cuarto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade