Mobilizan o helicóptero de Ourense por un accidente grave entre dúas motos e un coche
Dúas persoas resultaron feridas graves no choque en Calvos de Randín
Helcióptero medicalizado de Ourense
Dúas persoas resultaron feridas de gravidade e foron trasladadas a centros sanitarios tras un accidente de tráfico con dúas motocicletas e un vehículo implicados ocorrido esta tarde en Calvos de Randín.
O sinistro sucedeu sobre as 17:35 horas en Lobás, en Calvos de Randín, na antiga estrada OU-334, informa o servizo de Emerxencias 112 Galicia.
Tras recibir varios avisos do accidente, o servizo 112 mobilizou os recursos médicos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como o GES de Muíños e os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no lugar do sinistro e comprobada a gravidade das feridas mobilizouse un helicóptero medicalizado, que trasladou un dos feridos a Ourense, mentres que o outro foi evacuado en ambulancia.