Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milucho e Lezcano analizan unha rivalidade con historia

Milucho e Lezcano analizan unha rivalidade con historia

Hai 28 anos que non xogan Pontevedra e Arousa na xa antiga Segunda B

G24.gal 26/11/2021 13:50

Compartimos a mañá con dous mitos do Pontevedra e do Arousa. Con Milucho e con Fernando Lezcano. Ambos os dous foron compañeiros no conxunto vilagarcián.

Milucho pasou do Arousa a principios dos oitenta ao Pontevedra onde fixo de todo. Futbolista, adestrador, por momentos ata de presidente. Lezcano é o xogador máis importante na historia do Arousa.

Ambos os dous viviron como futbolistas numerosos duelos de rivalidade Pontevedra-Arousa. Como o deste domingo, que veremos na G2 a partir das 17:00 da tarde.

Non hai na historia do Arousa un xogador con máis partidos oficiais que Lezcano. 528. Nin tampouco quen disputase máis encontros de rivalidade co Pontevedra, o partido máis importante do ano por entón.

Ese foi o caso de Milucho, primeiro compañeiro no Arousa, logo rival co Pontevedra.

Nesta categoría, a antiga segunda B, levan 28 anos sen enfrontarse Pontevedra e Arousa. Este domingo en Pasarón tamén as afeccións volverán verse as caras.

O Pontevedra é segundo, o Arousa décimo, pero só tres puntos os separan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar