Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas maniféstanse en Barcelona por un servizo de Rodalies digno

Milleiros de persoas maniféstanse en Barcelona por un servizo de Rodalies digno

Protestan pola degradación do servizo de Rodalies e para reclamar a Renfe, Adif e as administracións públicas que garantan un transporte ferroviario de calidade

G24.gal 07/02/2026 21:16 Última actualización 07/02/2026 21:58

Varios milleiros de persoas manifestáronse esta tarde en Barcelona por un servizo de Rodalies seguro. Foron unhas 3.000 persoas segundo a Garda Urbana.

Protestan pola degradación do servizo e para reclamarlle a Renfe, a Adif e ás administracións públicas que garantan un transporte ferroviario digno.

A marcha, convocada polas principais plataformas de usuarios de Rodalies, partiu pasadas as 17:00 horas desde a estación de França de Barcelona e confluíu na praza Sant Jaume. 

É a segunda manifestación celebrada este sábado para denunciar o caos do servizo de Rodalies, despois da convocada a mediodía polos principais partidos e entidades independentistas, que reuniu unhas 8.000 persoas, segundo a Garda Urbana, e 30.000, segundo a organización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade