Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estudantes de 22 centros coruñeses percorren as rúas en defensa da lingua galega

Estudantes de 22 centros coruñeses percorren as rúas en defensa da lingua galega

Milleiros de escolares marcharon polo paseo marítimo na 24 edición do Correlingua

G24.gal 10/05/2024 14:27

"Desde ata aquí ata acolá. Galego xa!". Con este lema da vixésimo cuarta edición do Correlingua, dous mil escolares marcharon polo paseo marítimo cun obxectivo claro: "Para que o galego non se extinga".

Porque os estudantes de vinte e dous centros da comarca da Coruña botan de menos escoitar a nosa lingua nalgúns ámbitos. "Fálase menos galego. A xente fala castelán". "As nosas crianzas cada vez teñen máis problemas para comunicarse na nosa lingua", di Celia Armas García, coordinadora comarcal do Correlingua da Coruña.

Tras percorrer boa parte do paseo marítimo chegaron á Torre de Hércules, onde tiñan preparadas varias actividades lúdicas para concienciar na defensa do galego. "Esta é unha festa moi divertida para todos", conclúen os estudantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade