Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Román bótase o Celta Fortuna ás costas (3-0)

Miguel Román bótase o Celta Fortuna ás costas (3-0)

Dobrete do centrocampista diante do Osasuna B que evita calquera problema de descenso

G24.gal 04/05/2025 21:14

O Celta Fortuna chegou aos 50 puntos, deixou o problema do descenso resolto e agora ten tres xornadas por diante para buscar o asalto aos postos de play off. Está a catro puntos da quinta praza pero ten duelos directos co Athlétic B e a Real Sociedade B, que ten xusto por diante na clasificación. 

O partido contra o Osasuna B decidiuno o centrocampista de Gondomar Miguel Román. Marcou os dous primeiros goles do seu equipo e botouse ás costas o equipo, ao igual que fixo ao longo de todo o campionato. Para o rival era un partido fundamental para manterse na categoría. Non tomou riscos ningún dos dous equipos e houbo poucas ocasións na primeira hora de encontro. 

O partido rachouno Miguel Román cunha gran xogada na que tirou unha parede e marcou o 1-0. Era o minuto 66 e Román repetiría no 81 facendo o segundo da súa conta. 

Aínda quedaba un terceiro gol para redondear a vitoria, marcouno Johan Guedes logo de recibir un pase de Ángel Arcos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade