Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Mandayo, xogador do Vitoria C. F.: "Se xogamos cun Primeira, vouno petar no Tik Tok"

Miguel Mandayo, xogador do Vitoria C. F.: "Se xogamos cun Primeira, vouno petar no Tik Tok"

Ten claro que prefire o fútbol ás redes sociais

Só coñecen o rival, o Hernani, desde hai dous días

G24.gal 16/11/2021 16:08

O Victoria C. F., un club modesto coruñés, pode facer historia se pasa a eliminatoria de Copa contra o Hernani Vasco. Sendo así, enfrontaríase a un Primeira División. Miguel Mandayo pasou por Zona mixta para contar como o está vivindo.

365.000 seguidores no TikTok

Miguel gusta moito de imitar os seus profesores e dar consellos para 'ligar' na famosa rede social de vídeos curtos, o TikTok, pero deixou claro que "prefiro o fútbol ás redes, mañá xa deixei claro que nada de TikTok", e que fai caso ao adestrador no campo, pero "aos 'tips' que me dá para os vídeos, non lle tiro moito proveito", recoñeceu entre risos

Iso si, ten clara unha cousa: "Xa deixei claro que mañá nada de redes sociais”

Só pensan no partido de Copa

O xogador do Victoria recoñeceu que tanto el como os seus compañeiros non teñen outro tema de conversa: “Desde o sorteo é complicado pensar noutra cousa”

Pero claro, o máis impactante pode ser pasar de eliminatoria e enfrontarse cun dos grandes: Barça, Real Madrid, Real Sociedad, Celta, Sevilla. “Se xogamos cun Primeira, van subir os seguidores, sería incríbel”, di ilusionado.

E xa dándolle unha volta máis, por que non soñar...: “Marcar no Bernabeu? Sería incríbel", conclúe.

Os famosos vídeos no TikTok do xogador do Victoria CF, Miguel Mandayo Os famosos vídeos no TikTok do xogador do Victoria CF, Miguel Mandayo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade