Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Loureiro: “Estar no Deportivo era algo que nin me atrevía a soñar”

Miguel Loureiro: “Estar no Deportivo era algo que nin me atrevía a soñar”

Miguel Loureiro converteuse en xogador do Dépor o pasado 1 de agosto e asinou ata 2028 

O defensa céntrase en adaptarse ás necesidades do equipo e destaca o talento do cadro de xogadores

G24.gal 13/08/2025 12:55 Última actualización 13/08/2025 14:18

O defensa central de Cerceda, Miguel Loureiro, expresou esta mañá en rolda de prensa que o seu desexo dende o inicio das negociacións foi xogar no Deportivo, pese a que estas resultaran algo complicadas, xa que estaban implicados tres clubs: Huesca, Deportivo e Lugo. Loureiro admitiu que sempre viu moi lonxe a posibilidade de xogar no club herculino: “Nunca cheguei a imaxinarme xogando no Deportivo. Na miña mente non me atrevía a soñalo. Estou moi contento de vivir isto, superou as miñas expectativas”.

O xogador afirmou sentirse cómodo en todas as posicións defensivas e que, co paso dos anos, gañou experiencia que lle permitiu ser máis versátil e adaptarse ás necesidades do equipo, polo que admite que a súa posición dependerá do que precise o Deportivo.

Loureiro destacou que o cadro herculino conta con moito talento e carácter, e que ten potencial para ser un equipo incómodo para os rivais. Engadiu que as súas características encaixan coas necesidades do club e que os novos xogadores que se incorporen poderían contribuír a formar un Deportivo capaz de acadar todos os obxectivos da tempada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade