Cargando resultados...
Miguel de la Fuente, reporteiro galego en Kiev: "Isto non vai ser un paseo"
"É unha guerra entre desiguais, pero Rusia tampouco está calculando ben", di Miguel de la Fuente, reporteiro gráfico de TVE en Kiev
Hai civís organizándose en todo o país, reparten armas, cavan trincheiras
G24.gal
26/02/2022 20:42
Curtido nas guerras do século XX e do XXI e en todos os lugares de conflito, esta noitiña puidemos conversar cun galego que está a ser testemuña directa do que acontece en Ucraína desde hai un mes.
Miguel de la Fuente é reporteiro gráfico de Televisión Española, pero por uns minutos quixo poñerse diante do seu obxectivo para facernos o seu retrato persoal deste momento histórico que vive Ucraína.