Cargando resultados...
Miguel Alvariño: “O éxito é froito do traballo realizado durante os últimos meses”
G24.gal
26/04/2022 11:32
O arqueiro galego Miguel Alvariño xogou onte Ao contraataque na sintonía da Radio Galega para analizar a medalla de ouro acadada na primeira proba da Copa do Mundo de tiro con arco deste ano 2022, disputada a pasada semana na localidade turca de Antalya.
Alvariño amosou a súa ledicia polo resultado acadado e apostou por seguir traballando forte co obxectivo de poder repetir resultado no campionato de Europa ou na gran final da Copa do Mundo.