México e Suráfrica comezan o Mundial no mítico Azteca
A selección española, co santiagués Borja Iglesias entre os convocados, xogará o primeiro partido o vindeiro luns ás 18:00 diante de Cabo Verde
Arxentina, Brasil, Francia, Alemaña, Portugal ou Inglaterra acompañan a España na lista de principais candidatas ao título
Cidade de México abre o Mundial no mítico estadio Azteca. O partido inaugural entre a anfitrioa e Suráfrica será moi especial para o seleccionador dos Bafana Bafana, o belga Hugo Broos, que estivo hai 40 anos no mesmo escenario como xogador na apertura do Mundial 86.
O Mexico-Suráfrica tamén foi o partido inaugural do Mundial 2010, de grato recordo para España. A Selección española non debuta ata o próximo luns. Nas últimas horas tiveron sesión fotográfica, da que deixou constancia Borja Iglesias. As estrelas de España mostran a súa cara máis desenfadada mentres aterraba unha das sleccións rivais, a Uruguay de Bielsa.
Aínda hai equipos de camiño ás Américas, entre os que xa están, algunhas das candidatas, como Alemaña, que tamén amosou o seu posado, Portugal, na que adestra a tope Cristiano Ronaldo, ou Croacia que se enfrontará no seu primeiro partido a Inglarerra e un Scaloni confiado tralo 3-0 no amigable contra Islandia.
Arranca o Mundial entre dúbidas e críticas á FIFA. L'Equipe cunha portada brutal, sinala a Infantino como monicreque de Trump nas vésperas do gran evento do futbol mundial.