Publicador de contidos

Publicador de contidos

Menos de 25 minutos para recolocarlle o estómago a unha vaca

Menos de 25 minutos para recolocarlle o estómago a unha vaca

Un veterinario operou o animal sen que tivese que saír da corte

G24.gal 16/06/2022 17:47 Última actualización 16/06/2022 19:21

Tardou menos de 25 minutos e nin sequera tivo que mover o animal da corte.

Un veterinario de Palas de Rei operou unha vaca para recolocarlle o estómago e cunha intervención rápida evitou a morte do animal.

A vaca levaba días sen poder inxerir alimentos. Bastou con auscultala para detectar a súa doenza e nese reducido lapso de tempo abriuna, coseu o abomaso e volveuna pechar.

Ao cabo de tres horas o animal xa estaba comendo e en perfectas condicións. E todo sen que a vaca sufrira o máis mínimo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade