Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa moi grave o rapaz de seis anos atropelado por un tren en Viveiro

Continúa moi grave o rapaz de seis anos atropelado por un tren en Viveiro

Estaba preto dun túnel próximo á praza Donapetri

G24.gal 02/07/2022 10:25 Última actualización 02/07/2022 13:43

Continúa moi grave o rapaz de seis anos alcanzado por un tren este venres en Viveiro. Sucedeu a última hora da tarde cando estaba preto dun túnel, próximo á Praza Donapetri. Nese momento pasaba o convoi que o levou por diante.

Decontado, activouse un dispositivo médico e de emerxencia. Primeiro estabilizaron o cativo e logo, unha UVI móbil trasladouno ata un campo de fútbol próximo. Alí agardaba un helicóptero do 061 que o levou ao hospital materno infantil da Coruña, onde permanece ingresado.

No operativo tamén participaron os Bombeiros de Viveiro, membros do Servizo Municipal de Protección Civil e axentes da Policía Nacional, Autonómica e Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade