Melania Rodríguez: "Estou facendo historia no dobre minitramp e estou moi orgullosa"
A ximnasta galega revalida o título mundial na proba de DMT individual feminino e suma a súa segunda medalla en Pamplona, tras o bronce conquistado por equipos con España
A pontevedresa Melania Rodríguez colgouse a medalla de ouro na proba de DMT individual feminino, retén así o cetro mundial conseguido hai dous anos en Birmingham e agora ante o seu público, na Navarra Area, onde se está celebrando o 38º Campionato do Mundo de Trampolín.
Cun salto de 26.700 puntos impúxose a Galina Begim e a británica Kirsty Way. Tras obter a mellor nota na primeira fase da final, tiña a responsabilidade de abrir o pase decisivo onde xa só quedaban catro ximnastas. A súa concentración e determinación, xunto o impulso do público asistente, levárona polo aire para lograr un dos saltos máis difíciles de realizar, colocándose así nunha posición inalcanzable para o resto dos seus rivais. Leva cinco ouros desde 2022
"É unha traxectoria moi bonita. Estou facendo historia no dobre minitramp e estou moi orgullosa".
Este ouro supón o segundo metal que se colga en Pamplona tras o bronce logrado por equipos este xoves xunto ás súas compañeiras Marta López e Loreto Tuñón, un metal cun significado especial tras dedicarllo a Pablo Hinojar, o seu adestrador falecido hai apenas un ano.