Bronce e récord mundial para a ximnasta galega Melania Rodríguez nos Xogos de Chengdú
No derradeiro salto acadou unha puntuación de 26.900 que lle permitiu superar a canadense Gabriella Flynn

Precisaba un salto de récord para acadar a medalla e conseguiuno. A ximnasta ponteareá Melania Rodríguez levou o bronce na modalidade de dobre minitrampolín grazas a un último salto no que conseguiu unha puntuación de 26,900 e superou á canadense Gabriella Flynn.
¡IMPRESIONANTE! 🔝
— RFEGimnasia (@RFEGimnasia) August 10, 2025
Así ha sido el salto con el que Melania Rodríguez ha batido el récord mundial realizando pirueta barani carpa triple en la final de DMT femenino en los Juegos Mundiales de Chengdu🔝🤩 #TWG2025 pic.twitter.com/Nah0IJwRDT
O récord mundial tíñao a portuguesa Diana Gago cunha marca de 8,8 de dificultade. Melania foise ata o 8,9 cunha pirueta barani en prancha tripla en carpa. Ese exercicio permitiulle remendar un salto anterior no que arriscou cun 9,3 de dificultade e fallou na saída (19,400 de puntuación). Pero no segundo demostrou que era capaz de manter o seu idilio coa competición dos Xogos Mundiais que este ano se están a celebrar en Chengdú (China).
O ouro rematou no pescozo de Diana Gago, gran rival de Melania, e a prata para a estadounidense Grace Harder. O bronce é o décimo metal que suma a delegación española nos Xogos Mundiais.