Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra a presión sobre Johnson para que dimita

Medra a presión sobre Johnson para que dimita

O líder dos conservadores escoceses pide a súa renuncia

Antón Montero 13/01/2022 20:49

Medra a presión sobre Boris Johnson para que dimita. O primeiro ministro británico, que este xoves cancelou a súa axenda, vive as horas máis baixas do seu mandato tras admitir que participou nunha festa durante o confinamento.

Ademais da oposición, hoxe foi o líder do seu propio partido en Escocia quen pediu a súa renuncia.

Todas as olladas están postas na investigación interna aberta polo Goberno: do seu resultado dependerá que se active ou non unha moción de censura que necesitaría o apoio de 54 dos 360 parlamentarios conservadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade