Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medo á guerra nas bolsas de todo o mundo

Medo á guerra nas bolsas de todo o mundo

Madrid cae un 3 % e as principais bolsas europeas arredor dun 4 %

Os mercados rusos tiveron que pechar cando perdían un 30 %

G24.gal 24/02/2022 19:59

O medo á guerra causou estragos nos mercados bolsistas de todo o mundo.  Os máis afectados, os rusos. Moscova e San Petersburgo tiveron que deixar de operar cando perdían un 30 %.

Os principais mercados europeos como Frankfurt, París , Milán e Londres caeron arredor dun 4 %. A bolsa de Madrid perdeu algo menos do 3 % e pechou en mínimos do que vai de ano. A banca e a industria foron os valores máis afectados.

A fuxida dos investidores con vendas masivas non é o único efecto alarmante para a economía tras o  ataque de Rusia a Ucraína.  A principal preocupación son as tensións inflacionistas pola suba dos prezos da enerxía. O prezo do gas disparouse un 60 % e o petróleo acadou o seu máximo desde 2014. O barril de Brent cotizou por riba dos 100 dólares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade