Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio millón de persoas protestan en Francia contra a reforma das pensións

Medio millón de persoas protestan en Francia contra a reforma das pensións

A meta dos sindicatos é lograr que a presión social sexa tal que impida a posta en marcha dunha reforma das pensións

G24.gal 31/01/2023 18:18 Última actualización 31/01/2023 18:29

 Francia viviu este martes a segunda protesta masiva deste mes de xaneiro contra a reforma das pensións do Goberno de Emmanuel Macron, nunha xornada en que os sectores ferroviario, petroleiro e educativo realizaron importantes paros.

Despois da ampla protesta do 19 de xaneiro, os sindicatos botaron un novo pulso a Macron esixíndolle que retire o atraso da idade mínima de xubilación, dos 62 anos aos 64, así como o adianto a 2027 do aumento do período de cotización, de 42 a 43 anos.

"O mundo do traballo dío alto e claro, na maior protesta en 25 anos, non quere un aumento da idade mínima de xubilación", afirmou Laurent Berger, líder da Confederación Francesa Democrática do Traballo (CFDT), primeiro sindicato do país.

A de París foi a máis maioritaria de entre as 250 protestas convocadas en toda Francia, seguida pola de Marsella. 

A meta dos sindicatos é lograr que a presión social sexa tal que impida a posta en marcha dunha reforma das pensións.

As protestas afectaron especialmente servizos como o petroleiro, o ferroviario, o aéreo e o educativo.

Preto dun terzo dos empregados dos trens xestionados pola estatal SNCF secundaron a folga.

No ensino secundario, calcúlase un 55 % de folguistas.

Como era esperado, o sector das refinerías e os depósitos de combustibles de TotalEnergies mobilizáronse en masa.

"Pedimos aos franceses un esforzo para que se poida manter o actual sistema por repartición", aseverou o ministro de traballo.

Olivier Dussopt xustificou a reforma polo envellecemento da poboación: pasouse dos tres cotizantes por un xubilado da década de 1970, ao 1,7 de cotizantes de hoxe en día.

Un argumento rexeitado polos líderes sindicais. "Cando traballamos toda a vida o anhelo é poder vivir da pensión, e durante máis tempo. Ese é a mensaxe da rúa en Francia", din.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade