Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de medio cento de persoas piden xustiza para Esther López en Valladolid

Máis de medio cento de persoas piden xustiza para Esther López en Valladolid

O pai e a irmá da vítima estaban entre os asistentes á concentración co lema “Sen xustiza non hai descanso. Xustiza para Esther xa!”

G24.gal 06/09/2024 13:19

Medio cento de persoas concentráronse esta mañá ás portas dos Xulgados de Valladolid para pedir xustiza para Esther López, a veciña de Traspinedo que hai dous anos e medio apareceu morta nunha cuneta despois de permanecer 23 días desaparecida.

A concentración coincide co inicio das declaracións dos peritos da Garda Civil e dos propostos pola defensa do único investigado na causa, un amigo da vítima e veciño tamén de Traspinedo.

O pai e a irmá da vítima estaban entre os asistentes á concentración, que sostiñan unha pancarta co slogan: “Sen xustiza non hai descanso. Xustiza para Esther xa!”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade