Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retíranlle o pasaporte e o permiso de condución ao chofer investigado polo accidente mortal de Meis

Retíranlle o pasaporte e o permiso de condución ao chofer investigado polo accidente mortal de Meis

Ten prohibido saír de España e deberá comparecer no xulgado cada 15 días

Imaxe do coche, agora comisado, tras o accidente mortal acontecido en Meis o venres pasado Imaxe do coche, agora comisado, tras o accidente mortal acontecido en Meis o venres pasado
G24.gal 20/09/2022 12:59

O condutor do coche implicado no accidente mortal acontecido o venres en Meis terá que comparecer no xulgado cada 15 días.

As medidas cautelares contra ese chofer, un cidadán suízo, inclúen a retirada do pasaporte e do permiso de condución, comiso do coche e prohibición de saír de España.

O home detivérono pouco despois do accidente que lle custou a vida a unha moza brasileira e feridas graves a unha tía dela.

As probas realizadas tras o sinistro determinaron que o condutor consumira cocaína. Está a ser investigado como presunto autor dos delitos de homicidio por imprudencia grave, lesións graves e contra a seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade