Mbappé vive a súa primeira gran noite europea co Real Madrid
O dianteiro francés marcou unha tripla coa que o equipo branco se meteu nos oitavos de final á custa de todo un Manchester City
O coruñés Nico González marcou o gol da honra do equipo inglés

Foi fichado como unha súper estrela para partidos coma este. Kylian Mbappé viviu fronte ao Manchester City a súa primeira gran noite europea co Real Madrid. Os de Ancelotti viñan á volta da repesca cunha boa renda (2-3), pero no Bernabeu pasaron por riba do campión de hai dous anos, que vive os peores momentos desde que Guardiola ocupa un posto no banco.
De Raúl para Kylian.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 19, 2025
De Asencio para Mbappé.
El Real Madrid golpea primero en el Bernabéu. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/RPF5V4dEVn
Aos catro minutos Mbappé xa marcara o primeiro gol do partido. Serviu para darlle tranquilidade a un Real Madrid que apenas sufriu na súa área. Mediado o segundo tempo chegou o segundo, tamén obra do dianteiro galo.
𝑫𝒆 𝒍𝒂𝒔 𝒃𝒐𝒕𝒂𝒔 𝒅𝒆 𝑪𝒐𝒖𝒓𝒕𝒐𝒊𝒔 𝒂𝒍 𝒅𝒐𝒃𝒍𝒆𝒕𝒆 𝒅𝒆 𝑴𝒃𝒂𝒑𝒑𝒆́.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 19, 2025
El Bernabéu es el lienzo.
La obra es del Real Madrid. 🎨⚪️#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/gR6z4ASJfs
Quedaba un para completar unha noite redonda e chegou no minuto sesenta de partido, despois dunha gran xogada de Rodrygo. Aínda quedou tempo para o gol da honra do equipo inglés, marcado por un xogador da Coruña, Nico González. Non lle valeu ao City, que saíu humillado do Bernabeu ante un Real Madrid que con Mbappé deste xeito pode aspirar a todo nesta Champions.
Fichó por el Real Madrid para noches así.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 19, 2025
El hat-trick de Kylian Mbappé ante todo un Manchester City. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/L9tsrNNiwM