Publicador de contidos

Publicador de contidos

MBappé castiga un Real Madrid avarento

MBappé castiga un Real Madrid avarento

Courtois foi o mellor do equipo branco e paroulle un penalti a Leo Messi

O xogador polo que suspira o madridismo marcou no minuto 94

Cero disparos a porta dos de Ancelotti

G24.gal 15/02/2022 22:37

O Real Madrid perdeu por 1-0 no Parque dos Príncipes, e grazas. Marcou MBappé, o xogador polo que suspira Florentino, na última xogada do partido despois de someter ao Real Madrid a un asedio durante noventa minutos. Courtois foi o outro gran protagonista cunha grande actuación e que mesmo lle parou un penalti a Messi. 

Nin un tiro a portería. Con ese dato resúmese o caudal ofensivo branco, superado durante todo o partido polo París Saint Germain. Pola contra, o equipo francés avisou no 5' nun remate de Di María ou no 17' cando Courtois estivo salvador diante de MBappé. 

Na segunda metade continuou o festival do porteiro belga que estivo moi atinado diante de MBappé e de Nuno Mendes. No minuto 61' Carvajal derrubou a MBappé na área. Messi acaparou a bola lembrando os días de viño e rosas como barcelonista cando marcou 6 de 6 desde o punto de penalti contra o Real Madrid. Desta volta atopou a un Courtois inmenso que lle detivo o lanzamento. 

Ata o final, e coa entrada de Neymar, o partido seguiu tendo unha única dirección; o da portería de Courtois. MBappé volveu a ter outra clarísima pero o seu remate saiu rozando o pau, o mesmo que unha vaselina case sen ángulo de Neymar no 87'. 

Todo parecía encamiñado para un empate sen goles pero no 94' MBappe fabricou a enésima xogada de fantasía e acabou tombando o muro que puxera Courtois na súa portería. O Bernabeu ditará sentenza pero o Real Madrid terá moito que mellorar se quere ter algunha opción de remonta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade