Publicador de contidos
Publicador de contidos

Max Svensson, máis pólvora para o ataque do Deportivo

Max Svensson, máis pólvora para o ataque do Deportivo

Svensson quedou impresionado co ambiente de Riazor

G24.gal 07/09/2022 11:46 Última actualización 07/09/2022 11:54

Despois de Kuki Zalazar, o seguinte en chegar ao Deportivo foi Max Svensson, que tamén foi o último en presentarse como novo futbolista branquiazul. A pesar da súa mocidade, o punta chega con ambición:

"Dá igual a competencia que teña, véxome preparado para traballar e gañar o posto e que o míster confíe en min. Hai que achegar o máximo. Podo xogar en varias posicións e toca adaptarse ao que pida o adestrador".

O dianteiro explicou as claves da súa chegada á Coruña:

"Cando o Dépor máis aperta é na última semana. Chaman varias veces e tamén pola miña banda quería saír do Español. Xuntábase todo e é difícil dicirlle que non ao Dépor. Coñezo a Juan desde hai anos, chamoume, tamén co meu representante ten boa relación. E é iso, non podes dicirlle que non a un club así".

Svensson tamén quedou impresionado co ambiente de Riazor, "é espectacular", e como Kuki tamén recibiu a bendición do seu pai, outro unha lenda do deporte:

"Comenteille a opción cando me chamaron de aquí e díxome que adiante. Que era un club histórico e no que podía facer grandes cousas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade