Publicador de contidos
Publicador de contidos

Matan na rúa un home en Fuengirola con 10 disparos, un deles na cabeza

Matan na rúa un home en Fuengirola con 10 disparos, un deles na cabeza

No lugar do suceso localizouse unha arma larga de fogo que estaba baixo un vehículo, amais das carcasas disparadas

G24.gal 07/12/2024 13:20 Última actualización 07/12/2024 14:02

A Policía Científica investiga as circunstancias que rodean o asasinato este sábado dun home na localidade malagueña de Fuengirola tras recibir varios disparos, un deles na cabeza. De momento descoñecese a identidade da vítima.

Os axentes precintaron a entrada dun local para determinar se a vítima, cuxo cadáver apareceu na rúa, saíra de alí. Tamén colleron pegadas en varios coches da zona para saber o percorrido que fixo á vítima. Baixo un dos vehículos apareceu unha arma de fogo e, no chan e nalgunha parede da rúa, localizáronse restos dunha decena de impactos de bala.

Fontes policiais informaron de que recibiron varios avisos ao 091 alertaron ás 01:55 horas  da madrugada de varias detonacións. Os axentes localizaron na vía pública a un home con varios disparos, un deles na cabeza.

Cando chegaron os servizos sanitarios xa nada puideron facer pola vítima; confirmaron a morte do home e inmediatamente activouse o protocolo xudicial.

No lugar do suceso localizouse e interviuse unha arma larga de fogo que estaba baixo un vehículo, ademais de varias carcasas disparadas. A investigación está aberta e ata o momento non constan detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade