Publicador de contidos

Publicador de contidos

Matan a balazos outro xornalista no sur de México

Matan a balazos outro xornalista no sur de México

Co que era director do portal Noticias Web son cinco os xornalistas asasinados en México en menos de mes e medio

G24.gal 11/02/2022 08:21

En México foi asasinado outro xornalista. Heber López Vásquez é o seu nome e tiña 39 anos. Matárono a balazos este xoves no estado de Oaxaca.

Co que era director do portal Noticias Web, son cinco os xornalistas asasinados en México en menos de mes e medio.

Como outros xornalistas asasinados nese país, estaba ameazado. A Heber López matárono de cinco tiros cando estaba a traballar na súa oficina e co seu fillo ao lado.

México está considerado o país con máis mortes para a prensa e son xa 150 os xornalistas asasinados polo seu traballo desde o ano 2000.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade