Publicador de contidos
Publicador de contidos

Martín, o compostelán de 24 anos que repara reloxes de luxo

Martín, o compostelán de 24 anos que repara reloxes de luxo

Traballa nunha xoiería de Santiago logo de formarse entre Madrid e Suíza como técnico oficial de alta reloxería

Contan que en Galicia só media ducia de persoas se dedican ao mesmo

G24.gal 21/02/2024 21:49 Última actualización 21/02/2024 22:43

A capacidade de concentración é unha cualidade indispensable para saber reparar o tempo, para atopar que se puido interpoñer entre segundo e segundo. E outra cualidade, o pulso.

Unha media ducia de persoas dedícase en Galicia a reparar oficialmente reloxos de alta gama. Unha delas é Martín, compostelán de 24 anos. Para chegar a isto, pasou un curso en que na súa xeración só escolleron tres reloxeiros en España.  

Con curiosidade xa infantil pola mecánica, formouse na automoción, pero acabou atopando esta oportunidade de se converter en técnico oficial de alta reloxería. E precisamente acabaron por valorar a súa relación coa mecánica. 

Di que o seu é dos poucos oficios en que a máquina non pode substituír o humano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar