Cargando resultados...
Martín de la Puente xogará a final de dobres en cadeira de rodas no Torneo de Mestres
Forma parella co arxentino Gustavo Fernández e impuxéronse na semifinal a Bartram e Oda
G24.gal
04/11/2022 10:55
O tenista vigués Martín de la Puente xogará a final de dobres en cadeira de rodas no Torneo de Mestres que se está a disputar na localidade neerlandesa de Oss. De la Puente, que forma parella co arxentino Gustavo Fernández, impúxose nas semifinais á parella formada por Bartram e Oda por un dobre 6-2.
Na gran final terán como rivais os locais Egberink e Spaargaren, un dos mellores equipos do mundo porque os dous están no Top 8 individual. Na primeira fase xa se cruzaron diante dos dous tenistas dos Países Baixos que daquela se levaron o triunfo no "tie break" (10-4) despois dun emocionante 6-2, 3-6.