Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marta Villaverde promete o cargo de nova conselleira do Mar pedindo xustiza para Villares

Marta Villaverde promete o cargo de nova conselleira do Mar pedindo xustiza para Villares

Alfonso Rueda desexa que se faga xustiza "canto antes" para poder recuperar a Villares para a vida pública

O xulgado de Instrución número 2 de Ferrol retomará a denuncia contra Villares, que deixou de ser aforado ao dimitir

Villares pide a baixa temporal no PPdeG e a oposición critica o apoio a un denunciado por agresión sexual

Marta Villaverde e Alfonso Rueda durante a toma de posesión (EFE/ Lavandeira)
G24.gal 05/06/2025 09:18

A ata o de agora directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta, Marta Villaverde, tomou posesión este xoves como nova conselleira de Mar tras a dimisión de Alfonso Villares, investigado por unha presunta agresión sexual da que se declara inocente.

Na súa intervención agradeceu a confianza depositada polo presidente Rueda a mandou unha mensaxe de apoio a Villares. Pediu que "pronto se faga xustiza" co seu antecesor.

A nova conselleira saúda a Villares logo de tomar posesión (EFE/Lavandeira jr.) A nova conselleira saúda a Villares logo de tomar posesión (EFE/Lavandeira jr.)

Villaverde agradeceu a Villares que pensase nela hai dous anos para entrar no departamento de Mar e dixo que "o honra" dimitir do seu cargo, ademais de confiar en que "canto antes poida retomar a súa vida política".

O presidente da Xunta desexoulle o mellor a nova conselleira, á que agradeceu que dese o paso de aceptar o posto como no seu día fixo Alfonso Villares. Alfonso Rueda quixo expresar todo o seu apoio a Villares, amosando a súa confianza de que se faga xustiza "canto antes". Rueda asegurou que lle gustaría recuperalo para a vida pública.

"Grazas, Alfonso, por todo o teu traballo", afirmou o titular do Goberno galego sobre un labor como conselleiro que define como "magnífica".

Villares estivo presente no acto, e dixo estar "tranquilo e afectado", reiterando a súa inocencia. Non quixo entrar nos motivos da denuncia, xa que iso serán cuestións "que diga diante dun xuíz, por respectar o procedemento xudicial", segundo manifestou a algúns medios.

O tamén ex alcalde de Cervo recibiu mostras de afecto dos membros do Goberno galego e do seu presidente, Alfonso Rueda.

Rueda saúda a Villares o remate do acto (EFE/Lavandeira jr.) Rueda saúda a Villares o remate do acto (EFE/Lavandeira jr.)

Rueda coñecía a denuncia desde febreiro

Alfonso Rueda sinalaba ao remate do acto que coñecía desde febreiro a denuncia por agresión sexual presentada contra o exconselleiro por unha coñecida presentadora.

O presidente galego explicou que o exconselleiro comunicoulle que ía prestar declaración na Comisaría de Ferrol por unha denuncia contra el, por uns feitos que acaeceran "uns meses antes".

"Non volve ter ningunha outra comunicación, despois desa declaración en Comisaría ata o venres pasado", dixo Rueda, cando a Xunta recibe unha comunicación do Tribunal Superior Xustiza de Galicia (TSXG) por ser Villares aforado.

Ademais, esta mesma semana comunicóuselle a Villares a súa imputación, e é "en canto se produce ese pronunciamento xudicial", precisou Rueda, cando desde a Xunta "tomamos a decisión" que levou á dimisión do exconselleiro. 

O presidente considerou que "todo o mundo entende" que a dimisión non se expuxese en febreiro, cando se coñece a denuncia, porque hai que estar "ao que decida un xulgado", e agora o feito de ser imputado xa motivou a súa saída do Goberno autonómico que "el mesmo pediu", asegurou.

Por iso, Rueda concluíu que isto é "o correcto" e a Xunta fixo o que tiña que facer.

Un xulgado de Ferrol retoma a denuncia

O xulgado de Instrución número 2 de Ferrol retomará a denuncia contra Villares. É o competente na cidade en relación aos casos por violencia contra a muller e renovará o procedemento tras a renuncia do dirixente autonómico, a cal provoca a perda da súa condición de aforado.

Marta Villaverde, unha licenciada en Veterinaria con experiencia no departamento

Marta Villaverde era, desde abril de 2024 e ata hoxe, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Previamente, e tamén na mesma consellería, fora subdirectora xeral de Pesca e Mercados (de maio do 2019 a abril de 2023) e subdirectora xeral de Valorización dos Produtos do Mar (de abril do 2023 ata abril de 2024).

Villaverde é licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela e é funcionaria de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade