Cargando resultados...
Marlaska di que as institucións se ativeron á legalidade co homicida de Lardero
G24.gal
31/10/2021 18:55
O ministro do Interior pediu que non se faga un uso partidista desta traxedia. Fernando Grande-Marlaska asegurou que todas as institucións se ativeron ao principio de legalidade no devir penitenciario do acusado do crime.
"Evidentemente cando acontece unha traxedia como esta avalíase moito máis o desenvolvemento dos acontecementos para tratar de sacar unhas conclusións. Pero volvo dicir, todas as institucións actuaron conforme ao principio de legalidade".