Mario da Costa: "Temos posibilidade de meternos na loita"
Chega a Lugo cedido polo Eldense e xogou ata agora no filial do Atlético de Madrid
Esta mañá foi a presentación de Mario da Costa como novo xogador do C. D. Lugo. O extremo andaluz mostraba a súa satisfacción pola chegada ao club albivermello, á vez que trasladaba os seus desexos de ofrecer a súa mellor versión coa nova camiseta.
"Quero agradecer a David e ao club a súa confianza, quero devolverlles todo o que me están dando".
"As sensacións foron moi boas, acolléronme moi ben. Son un xogador máis ben asociativo e que busca xerar xogo".
"Temos posibilidade de meternos na loita, pero hai que ir partido a partido".
Chega cedido polo Eldense e xogou ata agora no filial do Atlético de Madrid.
David Peláez, pola súa banda, daba por pechado o capítulo de chegadas, e polo tanto, o capítulo do cadro e xogadores, tan só pendente dunha posible saída.