Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marianne Vos repite triunfo e consolida o seu liderado

Marianne Vos repite triunfo e consolida o seu liderado

É o triunfo número 216 da ciclista neerlandesa do Jumbo

G24.gal 04/05/2023 17:44 Última actualización 04/05/2023 17:56

A ciclista neerlandesa Marianne Vos (Jumbo-Visma) afianzou a súa condición de líder ao repetir vitoria na cuarta etapa da primeira edición da Volta a España Feminina, unha xornada de perfil ondulado e 133 quilómetros disputada este xoves entre as localidades de Cuenca e Guadalaxara.

Marianne Vos impúxose ao esprinte na chegada a Guadalaxara por diante da danesa Emma Norsgaard (Movistar) e da suíza Marlen Reusser (SD Worx), segunda e terceira respectivamente.

É o triunfo número 216 da ciclista neerlandesa do Jumbo. A Volta a España continuará este venres coa disputa da súa quinta etapa, de perfil montañoso e 129 quilómetros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar