Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marián Mouriño: "Queremos pintar todo Vigo e toda Galicia de celeste"

Marián Mouriño: "Queremos pintar todo Vigo e toda Galicia de celeste"

A presidenta do Celta tamén falou da necesidade de que volvan os clásicos

G24.gal 16/05/2025 13:51 Última actualización 16/05/2025 13:59

Será dos mellores días na historia recente do Celta. Despois de varios anos de sufrimento cos finais de liga, chega un domingo para desfrutar. Balaídos será un parque de atraccións do celtismo. Infinidade de actividades durante toda a xornada antes do enfrontamento co Raio Vallecano. Balaídos vaise encher coas particularidades que ten pola ausencia dunha bancada.

O Celta e a afección asisten a un duelo inesperado, a un duelo por Europa. Como cambiaron as cousas en doce meses! A grandeza do fútbol. Hai expectación, hai nerviosismo e ilusión.

"Teño moitos nervios e emoción".

"É un momento moi bonito. Queremos pintar todo Vigo e toda Galicia de celeste, todos xuntos".

Hai uns días o presidente do Deportivo felicitaba o Celta por estar a punto de entrar en Europa. Esta mañá Marián Mouriño falaba da necesidade de que volvan os clásicos.

"Ao Celta, a Galicia, interésalle un fútbol máis forte. Non só polo Dépor".

"Faríanos máis fortes, eses clásicos son bos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade