Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presidenta do Celta asegura que ten "confianza" en Rafa Benítez ata final de temporada

A presidenta do Celta asegura que ten "confianza" en Rafa Benítez ata final de temporada

Apuntou que a prioridade da dirección deportiva que lidera Luis Campos é atopar o mediocentro

Foto @RCCelta
G24.gal 14/12/2023 12:56 Última actualización 14/12/2023 16:57

A nova presidenta do Celta, Marian Mouriño, mostrou este xoves a súa “total confianza” no técnico Rafa Benítez, a dous días de que o equipo celeste reciba en Balaídos ao Granada, un rival directo na pelexa por eludir o descenso de categoría.

“Hai total confianza en Rafa, cremos que é capaz de darlle a volta á situación. Ten experiencia, viviu situacións como esta por exemplo no Valencia e foi capaz de revertelo. A confianza é plena ata o final de tempada”, asegurou na súa comparecencia ante os xornalistas.

A dirixente celeste, arroupada polo seu novo consello de administración, dixo estar segura de que o Celta terminará “celebrando a permanencia” nesta tempada tan “especial” pola celebración do seu Centenario.

“O adestrador ten un plantel comprometido e xogadores de calidade para cumprir o obxectivo”, profundou Marian Mouriño, quen recoñeceu que están a traballar na chegada de reforzos de fronte ao mercado invernal.

Neste sentido, apuntou que a prioridade da dirección deportiva que lidera Luis Campos é atopar o mediocentro que tanto demandou Benítez e un central para suplir a baixa de longa duración do central Joseph Aidoo.

“Non estou preocupada pola canteira porque vexo o proxecto de canteira moi sólido. Vexo a moitos futbolistas da canteira na disciplina do primeiro equipo, e Rafa é un adestrador de canteira”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade