Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marián Mouriño, feliz co ascenso das Celtas, soña con Europa: "Sería a guinda do pastel"

Marián Mouriño, feliz co ascenso das Celtas, soña con Europa: "Sería a guinda do pastel"

Confesou: "É un día especial na miña historia. Vai quedar para sempre o meu primeiro ascenso das Celtas"

G24.gal 06/05/2025 11:45 Última actualización 06/05/2025 11:52

Marián Mouriño, presidenta do Celta, recoñecía que o luns 5 de maio era un dos días máis felices da súa etapa á fronte do club vigués. Na Porta do Sol, ante decenas de afeccionados celebrou o ascenso de As Celtas a Segunda Federación.

Agora, cun proxecto baseado na canteira, espera que a tempada da entidade celeste peche unha tempada de ilusión coa clasificación do primeiro equipo a Europa.

A máxima mandataria do club agradeceu ao celtismo o apoio constante ao proxecto das Celtas. 

"Sempre que podamos imos estar aí para que nos acompañen. Agradecemos o apoio enorme por crer neste proxecto, por seguilo", demostrando que o fútbol feminino pode ser importante en Vigo".

Para a presidenta, esta tempada histórica pode ter un broche de ouro se o primeiro equipo logra clasificarse para disputar competicións europeas. 

"Sería unha tempada redonda pero creo que xa a é. Como di Claudio sería a guinda do pastel sería ese sobresaliente pero hoxe temos que estar moi satisfeitos co que estamos a ver en Balaídos, no campo con todos eses mozos canteiráns en Primeira RFEF, no Fortuna con todos os xuvenís e con todo o proxecto", explicou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade