Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Cadaval, profesora de Economía Aplicada: "Hoxe con 100 euros compramos o equivalente a 89,2 euros"

María Cadaval, profesora de Economía Aplicada: "Hoxe con 100 euros compramos o equivalente a 89,2 euros"

Os prezos subiron un 10,8 % comparado co ano pasado

A electricidade e os alimentos son o que máis encareceu

G24.gal 30/07/2022 09:42

Este mes, o IPC disparouse case un 11 %, un rexistro como non se vía desde hai 38 anos. O prezo da electricidade e os alimentos foron os que máis contribuíron a esta alza, algo que se nota nos mercados e nas prazas de abastos.

Tradicionalmente, o verán é mala época para ver caídas de prezos, pero o deste ano non ten precedentes desde a entrada no euro. De feito, temos que remontarnos a setembro de 1984 para ver cifras semellantes. O IPC subiu 6 décimas nun mes, e un 10,8 % comparado con hai un ano. 

"Se o ano pasado, no mes de xuño, tiñamos 100 euros, hoxe con eses mesmos 100 euros podemos comprar o equivalente a 89,2 euros", di María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da USC.

Aínda excluíndo os bens máis volátiles, a suba supera o 6 %, sinal de que o encarecemento vai para longo. 

Co gas marcando esta semana máximos históricos, non é raro que a electricidade fose o que máis tirase dos prezos, e máis aínda porque o ano pasado baixaron.

Tamén encareceron moito os alimentos, e as rebaixas de vestido e calzado foron menos que hai un ano. As gasolinas seguen baixando, pero non se notou.

Dos últimos 16 meses, 14 remataron cos prezos máis altos que o mes anterior, unha senda alcista da que ningún economista se atreve agora a prever o final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade