Margarita Robles lembra que o 83 % dos españois está a favor da OTAN
A ministra de Defensa respecta os manifestantes anti-OTAN, pero sinala que están en "clarísima minoría"
Robles afirma que un xeito de defender a paz é coas "políticas de disuasión" da Alianza Atlántica
A ministra de Defensa, Margarita Robles, referiuse hoxe á manifestación contra a OTAN en Madrid. Explicou que é absolutamente respectable a opción dos participantes, pero que a gran maioría dos españois son partidarios desta organización defensiva tal como reflicten as enquisas.
Robles considera que unha forma de traballar pola paz é coas políticas de disuasión militar da Alianza Atlántica e defende o ingreso nela de Suecia e Finlandia:
"O 83 % dos cidadáns españois está apoiando a OTAN, Ben, eu creo que iso ten que facer reflexionar a aqueles que se manifestan que, estando no seu dereito a manifestarse, están nunha clarísima minoría, porque o 83 % é unha porcentaxe absolutamente clara e rotunda, da mesma maneira que hai unha porcentaxe altísima de xente que ve a Rusia, neste momento aquí en España, como un perigo real. Ten que quedar moi claro que a mellor maneira de protexer e traballar pola paz son políticas de disuasión como as que realiza a Alianza Atlántica. Polo tanto, a paz querémola todos".