Marcos Alonso completa o seu primeiro adestramento co Celta
O defensa podería debutar o vindeiro domingo fronte ao Osasuna no Sadar
O defensa Marcos Alonso completou este xoves o seu primeiro adestramento co R. C. Celta, co que podería debutar o vindeiro domingo fronte ao Osasuna no Sadar. O exfutbolista do F. C. Barcelona chega a Balaídos para reforzar a defensa, a liña máis débil ata o momento do equipo dirixido por Claudio Giráldez, que encaixou gol nos tres partidos que disputou.
Aínda que tamén pode xogar como carrileiro, a idea do técnico celeste é situar a Marcos Alonso como central zurdo na liña de tres defensas, á que dotaría de experiencia e calidade na construción do xogo.
O madrileño atopábase sen equipo tras finalizar a súa vinculación co F. C. Barcelona, co que o curso pasado unicamente disputou oito partidos oficiais (5 de Liga e 3 da Liga de Campións).