Marco Garcés cre que 25 millóns serían poucos para unha venda de Larsen
O director de fútbol do Celta tamén falou de Benítez: "Temos unha confianza plena en que o poida sacar adiante"
O director de fútbol do Celta, Marco Garcés, compareceu este mércores ante os medios co recente mercado de inverno como punto de partida, pero respondeu sobre diferentes cuestións de actualidade.
Así, mostrou a súa plena confianza en que o adestrador do primeiro equipo, Rafa Benítez, será capaz de sacar a situación adiante
"É sumamente traballador, chega cedo, sae a altas horas da noite, pensando só no partido. A súa atención está no Barça".
Tamén deslizou que unha venda de Strand Larsen por 25 millóns non sería suficiente.
"A súa tempada é rechamante, non é un secreto, seguramente virán as ofertas".
"Unha venda polo dobre soa ben, pero agora soa a pouco; o mundo do fútbol é diferente. 25 serían poucos".
Garcés tamén anunciou que Carles Pérez e Fran Beltrán tiveron posibilidades firmes de abandonar o club en xaneiro e foron eles os que rexeitaron as ofertas.