Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marco Díaz, un talento na procura da oportunidade de brillar

Marco Díaz, un talento na procura da oportunidade de brillar

Proclamouse campión de Europa na categoría R7

O seu soño é competir "en MotoGP ou no mundial de Superbikes"

Tivo que rexeitar unha oferta para participar no Europeo de Moto2 por falta de orzamento

G24.gal 21/10/2025 18:45

Marco Díaz é campión de Europa na categoría R7. O piloto de Caldas de Reis impúxose na Superfinal disputada no icónico circuito Paul Ricard. Díaz foi segundo na primeira carreira e gañou a segunda, o que lle deu o título europeo por un só punto. "Foi unha carreira moi disputada", sinala o piloto. 

Este campión de Europa ten só 20 anos e leva enriba dunha moto practicamente dende que empezou a andar. "Empecei coa moto con 3 anos e despois pasei ás minimotos", lembra Marco Díaz.

A progresión seguiu e Marco agora atrévese a soñar coas categorías grandes: "o meu soño é competir en MotoGP ou no mundial de Superbikes". O talento está máis que demostrado pero Marco afronta un obstáculo que xa lle impediu participar no Europeo de Moto 2. "O problema é sempre o mesmo. Piden cantidades moi grandes que non podemos afrontar", recoñece o piloto. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade