Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marc Soler gaña en solitario na Farrapona antes da chegada da Volta a Galicia

Marc Soler gaña en solitario na Farrapona antes da chegada da Volta a Galicia

Vingegaard e Almeida manteñen o pulso pola xeral

O Israel Premier Tech decidiu retirar o nome do país do maillot dos seus ciclistas para "priorizar a seguridade"

Na saída da etapa de Avilés volveu haber protestas contra o equipo israelí

Foto: EFE
G24.gal 06/09/2025 19:46

A Volta a España chega mañá a Galicia, cunha etapa que parte de Asturias e finaliza en Monforte de Lemos, nunha xornada propicia para as escapadas. 

Na carreira proseguen as protestas contra Israel e contra o equipo Israel Premier Tech. Tamén no arranque de hoxe en Avilés, día no que a dirección do equipo israelí decidía retirar o nome do país dos maillots dos seus ciclistas. Unha decisión que afirmaban tomar "para priorizar a seguridade", segundo dicía o comunicado emitido. 

A décimo cuarta etapa gañouna Marc Soler, terceira vitoria española na Volta. Protagonizou a fuxida da xornada, atacou a doce quilómetros, e levou a etapa no alto da Farrapona. Vingegaard entrou segundo, gañoulle ó esprinte a Almeida e sacoulle outros dous segundos de bonificación na xeral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade