O Deportivo gaña o seu primeiro partido en Riazor cun gol de Barcia diante do Sporting
Os coruñeses, que tiveron que agardar ata o último minuto, seguen invictos
Minuto a minuto
Ás 16:15h comeza o partido de Riazor entre o Deportivo e o Sporting. Este é o XI inicial do equipo coruñés
𝑶 𝒏𝒐𝒔𝒐 𝒐𝒏𝒄𝒆.#DéporRealSporting #LaLigaHypermotion pic.twitter.com/PP4jfPl4UZ
— RC Deportivo (@RCDeportivo) September 6, 2025
E este é o XI que presenta o equipo asturiano
🔴⚪ 𝑬𝒍 𝒐𝒏𝒄𝒆.
— Real Sporting (@RealSporting) September 6, 2025
⌛ #DéporRealSporting
👊🏻 ¡𝑷𝒖𝒙𝒂! pic.twitter.com/UEWw1TIToc
Comeza o partido en Riazor. Deportivo 0-0 Sporting
Primeira ocasión do Deportivo, cun remate de Mulattieri que detén Yáñez
Outra ocasión de Mulattieri, que cabecea un chisco por riba do traveseiro
Ocasión clara para o Deportivo. Remata Escudero desde o segundo pau e responde Yáñez cun paradón para enviar o balón a córner
Falta a prol do Sporting, proba fortuna Otero e atrapa Parreño con seguridade
Descanso en Riazor. Non hai goles logo dunha primeira metade con poucas ocasións
En xogo xa a segunda metade en Riazor
Centra Kevin, e o balón solto quédalle a Gelabert, que cabecea ao pau de Parreño
A réplica do Deportivo chega no minuto seguinte. Agora o que remata ao pau é Yeremay
Lanzamento lonxano de Escudero, e Yáñez ten que botar o balón a córner con dificultades
Xogadón de Luismi, que se revolve na área e dispara. Detén en dous tempos abaixo Yáñez
Balón entre liñas a Zakaria, que lle gaña as costas á defensa e remata moi cruzado
Disparo axustado de Corredera desde a frontal, e Germán Parreño saca o balón a córner
Cabezada de Zakaria moi centrada, ás mans de Yáñez
Outra cabezada de Zakaria que volve marchar desviada
Gran contra do Deportivo, cun balón en profundidade para Yeremay. Ao pase da morte do canario non chega por pouco Soriano
GOOOOOOOOOOL do Deportivo!!!!Falta desde a esquerda que lle cae a Barcia, e o central conecta un remate imparable para Yáñez
FINAAAAAAL do partido en Riazor. O gol de Barcia vale a primeira vitoria do Deportivo na casa. Os coruñeses seguen invictos despois de catro xornadas, e colócanse no grupo de cabeza