Cargando resultados...
Marc García incorpórase á pretemporada do Breogán
G24.gal
13/08/2022 10:06
O escolta Marc García incorpórase á pretemporada do Breogán, con moitas opcións de ter un contrato temporal pola necesidade que ten o equipo galego dun xogador español para cubrir o cupo esixido pola Basketball Champions League.
Marc García é un escolta (197 cm) con moita experiencia en ACB. Pasou por Manresa, Betis, Barcelona, Fuenlabrada e a temporada pasada estivo en San Pablo Burgos. Os seus mellores anos foron no equipo madrileño (2018-21) en que chegou a ter unha media de 11,4 puntos en máis de vinte minutos por partido na campaña 19/20.
En Burgos non estivo ao seu mellor nivel, lastrado pola mala dinámica do equipo. Os seus números foron de 6,5 puntos e 1,4 rebotes nuns 12 minutos por partido.